Adega
INICIO Delegacións Ordes / Cerceda Máis desfeitas en ríos da Rede Natura: agora tócalle ao Mercurín, en Ordes

ADEGA - Ordes/Cerceda

Máis desfeitas en ríos da Rede Natura: agora tócalle ao Mercurín, en Ordes PDF Imprimir Correo-e
Envia Máis desfeitas en ríos da Rede Natura: agora tócalle ao Mercurín, en Ordes a FaceBookEnvia Máis desfeitas en ríos da Rede Natura: agora tócalle ao Mercurín, en Ordes a Twitter
mercurin1.jpg19 de xullo de 2009. Por se non abondara co Sil, chega outra desfeita nun río da Rede Natura. Desta volta é o río Mercurín ao seu paso por Ordes, incluído no LIC Río Tambre, no que se está levando a cabo a construcción dun “paseo fluvial” que inclúe o “acondicionamentro” das marxes con accesos, escolleiras, pontes e mesmo o desvío do caudal. Materiais de recheo e sedimentos remexidos con maquinaria pesada invaden a canle e tapan as brañas, deteriorando a calidade das augas e o contorno fluvial. Ao tempo estase "desbrozando" o bosque de ribeira e talando numerosos ameneiros para permitir o paso das máquinas. Que teima teñen algúns por urbanizar a natureza!

mercurin2.jpgCómpre lembrar que o treito deste río obxecto das obras pertence á Rede Natura 2000, e forma parte coa categoría de ZEPVN da Rede Galega de Espazos Protexidos (Lic Río Tambre, código ES 1110016). Entre os principais valores naturais afectados, está o hábitat "*Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)", considerado de protección prioritaria pola U. E. (ver anexos da Directiva 92/43 CE, de Hábitats).
mercurin3.jpgPortanto, segundo o artigo 6.4 da Directiva 92/43 CE "En caso de que el lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural y/o una especie prioritarios, únicamente se podrán alegar consideraciones relacionadas con la salud humana y la seguridad pública, o relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para el medio ambiente, o bien, previa consulta a la Comisión, otras razones imperiosas de interés público de primer orden".
mercurin4.jpgPrecísase, xa que logo, non só da autorización da D. X. de Conservación da Natureza (Medio Rural) por tratarse dun espazo protexido, e de Augas de Galiza (Medio Ambiente) por afectar ao dominio público hidráulico, senón que a Xunta debe xustificar diante de Europa cais son "as razóns imperiosas de primeira orde" que xustifican a actuación sobre os hábitats prioritarios de brañas e bosques de ribeira, recheados e talados.
ADEGA xa ten solicitado a estes organizamos a paralización cautelar da obra e a apertura de dilixencias para comprobar se contan cos permisos pertinentes e, na medida do posíbel, salvagardar a integridade deste espazo protexido.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA