Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
A plataforma "Muralla Viva" denuncia o uso do glifosato pola Xunta para "limpar" a muralla de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia A plataforma "Muralla Viva" denuncia o uso do glifosato pola Xunta para "limpar" a muralla de Lugo a FaceBookEnvia A plataforma "Muralla Viva" denuncia o uso do glifosato pola Xunta para "limpar" a muralla de Lugo a Twitter

glifosatomurallaLugo, 2 de agosto de 2012. A recentemente constituída Plataforma Muralla Viva, integrada por A Cova da Terra, ADEGA, Asociación Cultural In Bocca al Luppo, AENDA Lugo, Amigos da Terra, A Revolta Natural, AVAFES, PAEXGA, Sociedade Galega de Ornitoloxía, Verdegaia, SAUDARTE e GREFA Majadahonda, quere mostrar a súa oposición ao uso de herbicidas nos labores de limpeza da Muralla de Lugo, e concretamente ao emprego do ROUNDUP PLUS de Monsanto (principio activo glifosato). Esta plataforma, tras ter noticia da inminente aplicación deste tóxico sobre o Monumento Patrimonio da Humanidade, púxose en contacto coa empresa concesionaria RESCONSA quen remitiu ao Departamento de Produción Vexetal da USC. Muralla Viva confirmou, logo dunha reunión con este Departamento, a intención da Xunta de usar este tóxico para a limpeza da Muralla nos meses de xullo e/ou agosto.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Deputación de Lugo aproba por unanimidade solicitar que a Cova de Eirós sexa BIC PDF Imprimir Correo-e
Envia A Deputación de Lugo aproba por unanimidade solicitar que a Cova de Eirós sexa BIC a FaceBookEnvia A Deputación de Lugo aproba por unanimidade solicitar que a Cova de Eirós sexa BIC a Twitter

cova eirosLugo, a 31 de xullo de 2012. No Pleno da Deputación de Lugo de hoxe foi aprobada por unanimidade unha moción do Bloque Nacionalista Galego na que se pide que a Deputación Provincial traslade á Xunta a solicitude formal de que a Cova de Eirós de Triacastela sexa declarada como Ben de Interese Cultural. Á súa vez, todos os grupos con representación política na Deputación foron instados por ADEGA e a Asociación sociocultural de O Iribio a posicionarse ao respecto da máxima protección patrimonial legal deste xacemento paleolítico. Ambos os dous colectivos xa pediran a declaración de BIC para a Cova de Eirós en xullo de 2009 e, de novo, en maio deste ano diante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sen, polo de agora, obter resposta por parte deste departamento da Xunta.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA aplaude a negativa do Ministerio ao Salto do Navia e reclama a caducidade da concesión PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA aplaude a negativa  do Ministerio ao Salto do Navia  e reclama a caducidade da concesión a FaceBookEnvia ADEGA aplaude a negativa  do Ministerio ao Salto do Navia  e reclama a caducidade da concesión a Twitter

rio naviaLugo, 10 de xullo de 2012. O xoves dia 5 de Xullo do 2012 pasará á historia despois de que o Ministerio de Medio Ambiente publicase no boletín Oficial do Estado a declaración de impacto ambiental negativa do encoro no río Navia, promovida por Saltos del Navia (sociedade ao 50% de Endesa e Hidrocantábrico) desde 1951. Este foi o oitavo intento da promotora de desenvolver esta concesión franquista na mesma ubicación e cuxa tramitación comezou en 2007. Nas demais ocasións (1951, 1956, 1964, 1975, 1976, 1985, 1995) a oposición social tamén foi frontal, o que conseguiu impedir a execución da presa. Desde ADEGA reclamamos que se evite un novo intento da promotora de desenvolver o proxecto e máis agresións para a comarca, declarando a caducidade desta concesión franquista.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Foro do Camiño critica a pasividade da Xunta na recuperación e protección da vía histórica PDF Imprimir Correo-e
Envia O Foro do Camiño critica a pasividade da Xunta na recuperación e protección da vía histórica a FaceBookEnvia O Foro do Camiño critica a pasividade da Xunta na recuperación e protección da vía histórica a Twitter

foto xuntanza foroLugo, a 19 de xullo de 2012. Con motivo de se cumpriren dous anos da súa constitución, o Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA, celebrou unha asemblea xeral para analizar a evolución do estado de conservación e protección desta milenaria calzada medieval. Malia a que hai dous anos o Foro xa alertaba á Xunta de Galiza da necesidade urxente de proceder á delimitación oficial deste primeiro camiño de peregrinación a Compostela, os membros do Foro veñen de constatar que desde aquela a Xunta aínda non deu ningún paso cara a esa dirección, permitindo que o Camiño Primitivo siga a sufrir un elevado grao de ameaza ambiental e de agresión ao seu patrimonio cultural. Así mesmo, esixe como principios irrenunciábeis na delimitación da vía a autenticidade histórica, a recuperación da súa traza antiga e a protección de ámbito BIC (Ben de Interese Cultural).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Foro do Camiño Primitivo denuncia unha nova desfeita na vía histórica ao seu paso por Fonsagrada PDF Imprimir Correo-e
Envia O Foro do Camiño Primitivo denuncia unha nova desfeita na vía histórica ao seu paso por Fonsagrada a FaceBookEnvia O Foro do Camiño Primitivo denuncia unha nova desfeita na vía histórica ao seu paso por Fonsagrada a Twitter

forno fonsagradaLugo, a 13 de xullo de 2012. Desde o Foro do Camiño Primitivo, plataforma constituída hai dous anos e da que forma parte ADEGA e outras 26 asociacións e personalidades significadas polo seu compromiso no estudo, recuperación, defensa e promoción da primeira vía de peregrinación a Compostela,  denunciamos un novo atropelo contra o patrimonio asociado á vía histórica. Manifestamos o noso pesar e indignación pola recente destrución do coñecido como FORNO DE VALERIANO, situado no lugar máis emblemático do Camiño Primitivo na vila de Fonsagrada, fronte a "Fonte Sacra". A día de hoxe non queda ningún vestixio deste elemento único na vía primitiva. O Foro pide responsabilidades e amosa a súa indignación ante estas agresións, sobre todo, cando se está a tramitar a declaración de Patrimonio Mundial do Camiño Primitivo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA