Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
Este domingo, percorre con ADEGA-Lugo a Ruta das Fontiñas no Incio PDF Imprimir Correo-e
Envia Este domingo, percorre con ADEGA-Lugo a Ruta das Fontiñas no Incio a FaceBookEnvia Este domingo, percorre con ADEGA-Lugo a Ruta das Fontiñas no Incio a Twitter

CASTROADEGA-Lugo fará este domingo día 17, o seu roteiro polas terras do Inicio. Esta andaina, que se enmarca no programa de roteiros 2012-2013 adicado á Galiza Máxica, realizarase pola chamada Ruta das Fontiñas, na que podemos observar castros con gravuras de peixes e cabalos. Logo, de camiño ao Incio, veremos auténticos monumentos naturais, como o Carballo de Piteiro. Nesta ocasión contaremos con dúas guías de excepción, Tereixa e Marica Campo.  Lembrade que para participar deberedes chamar previamente a ADEGA-Lugo (982240299).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Os tribunais rexeitan a petición de Erimsa de obter licenza municipal para unha canteira en solo protexido PDF Imprimir Correo-e
Envia Os tribunais rexeitan a petición de Erimsa de obter licenza municipal para unha canteira en solo protexido a FaceBookEnvia Os tribunais rexeitan a petición de Erimsa de obter licenza municipal para unha canteira en solo protexido a Twitter

Cromo: Diario Liberdade8 de febreiro de 2013. O Tribunal do Contencioso-Administrativo nº1 de Lugo vén de desestimar unha demanda da empresa mineira Erimsa (Explotación de Rocas Industriales y Minerales) contra o concello da Pastoriza pola que reclamaba que se considerase adquirida por silencio administrativo positivo a licenza urbanística e de actividade para posta en marcha da explotación mineira Alicia nº 5917 neste concello. O tribunal considera que non é posible a adquisición de licenza por silencio administrativo porque o impide a Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUG) ao tratarse de solo cualificado como rústico de especial protección agropecuaria. Segundo a LOUG neste tipo de solos non está permitida a actividade mineira, motivo polo que o tribunal desestima o recurso de Erimsa.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA e a asociación Dignidade achegan ao medio ambiente adolescentes en risco de exclusión social PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e a asociación Dignidade achegan ao medio ambiente adolescentes en risco de exclusión social a FaceBookEnvia ADEGA e a asociación Dignidade achegan ao medio ambiente adolescentes en risco de exclusión social a Twitter
eirafrontLugo, 6 de febreiro de 2013. ADEGA e Asociación Dignidade de Lugo, cuxos obxectivos educativos se dirixen á mocidade en riso de pobreza e/ou exclusión social, veñen de asinar un convenio de colaboración para desenvolver durante este mes de febreiro unha xeira de actividades de sensibilización na natureza. Unha delas terá lugar no equipamento ambiental de ADEGA, a Eira da Xoana, situado na parroquia de Ramil (Agolada).Trátase do primeiro acordo de coperación entre as dúas entidades co propósito de achegar os valores do coidado natural aos rapaces e rapazas desfavorecidas, así como crear novas redes de colaboración entre o tecido asociativo galego. Esta nova sinerxia contribúe a fomentar a solidariedade e coperación na sociedade civil.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Confederación Hidrográfica estudará as deficiencias de ordenamento do río Rato no PXOM de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia A Confederación Hidrográfica estudará as deficiencias de ordenamento do río Rato no PXOM de Lugo a FaceBookEnvia A Confederación Hidrográfica estudará as deficiencias de ordenamento do río Rato no PXOM de Lugo a Twitter

RAto inundado1Lugo, 28 de xaneiro do 2013.- Representantes de Ríos con Vida, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza e Asociación Galega de Custodia do Territorio reuníronse onte en Ourense co Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, organismo encargado de velar pola protección da rede fluvial nesta bacía, da que forma parte o río Rato, para abordar as deficiencias da ordenación proposta polo novo Plan xeral de Lugo no tramo do Rato abranguido entre o Polígono de O Ceao e a Ponte de Paradai, ordenación que se atopa actualmente pendente de aprobación definitiva pola Xunta. Nesta xuntanza, o Presidente da Confederación, Francisco Marín, comprometeuse a estudar o problema exposto, así como a velar pola legalidade no que a atinxe á protección do dominio público hidráulico e á protección fronte ás inundacións.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA-Lugo advirte de que a ordenanza municipal de circulación restrinxe o uso da bicicleta PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA-Lugo advirte de que a ordenanza municipal de circulación restrinxe o uso da bicicleta a FaceBookEnvia ADEGA-Lugo advirte de que a ordenanza municipal de circulación restrinxe o uso da bicicleta a Twitter

masa críticaLugo, 22 de xaneiro de 2013. ADEGA-Lugo vén de presentar alegacións á Ordenanza Municipal de Circulación de Lugo, dentro do prazo marcado pola administración local para esta fin. Pese a que un dos obxectivos fundamentais desta ordenanza debe ser o de regular a circulación de ciclos e bicicletas na zona urbana, cremos que supón aínda máis restricións para o uso destes vehículos ecolóxicos na cidade. Así pois, advírtese neste documento a falla de máis zonas habilitadas para o uso da bicicleta e pouca vontade de permitir que peóns e bicicletas compartan un mesmo espazo, cando é algo lóxico e normal en cidades civilizadas e avanzadas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA