Asemblea aberta por outra alternativa ao tren do Porto Exterior |
![]() |
Fai poucos días que se abriu o plazo de licitación do proxecto de construcción, que supón eso para este proxecto? cales son os paso que se deben dar para continuar a opoñerse? Co fin de dar resposta conxunta a estas cuestións, estas entidades sociais autoconvócanse para debatir sobre o tema. A construcción desta infraestructura, lonxe de traer riqueza á comarca, só vai traer destrucción do medio ambiente, ademáis de non ter unha viavilidade económica clara, vai ser construida do xeito máis agresivo para o medioambiente, condenando á morte a Ensenada da Malata. Esta ensenada, ademáis de conservar certos valores naturais, sirve de zona de ocio a moitos ferroláns e ferrolás. ADEGA-Ferrolterra promove esta asemblea que está aberta á participación de toda a cidadanía de Ferrolterra e que terá lugar no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas o mércores 30 de Xaneiro ás 20h. Nesta ligazón podes descargar o cartaz: http://i46.tinypic.com/2n7nzgz.png |