Globalicemos a loita: fóra os transxénicos dos pratos e dos campos! Imprimir
Envia Globalicemos a loita: fóra os transxénicos dos pratos e dos campos! a FaceBookEnvia Globalicemos a loita: fóra os transxénicos dos pratos e dos campos! a Twitter
transth.jpg17 de marzo de 2008. Os pasados días 15 e 16 de marzo, ADEGA participou no I Foro Ibérico contra os Transxénicos, celebrado en Bilbo e organizado por EHNE. Intervimos nun dos 5 obradoiros -o de lexislación- do foro, con representantes galegos/as nos outros 4. Logo dun intenso debate no que ADEGA, xunta con organizacións catalás e bascas, demandabamos máis atención aos territorios con competencias plenas fronte a visións estatalistas, acadouse un consenso de mínimos canto ás accións legais.Resolucions BILBO TRANSX.doc Resolucions FORO

trans2.jpgHaberá pois dous planos de actuación complementares: o estatal, centrado arredor dunha solicitude de moratoria através da cláusula de salvagarda para o millo MON 810; e o local, apoiando as ILPs e as declaracións de zonas libres que están en marcha en Catalunya, Euskadi e próximamente Galiza.
O estado español e Portugal son o sumidoiro xenético de Europa. En España, seméntase comercialmente millo transxénico (fundamentalmente o MON 810 e as súas variedades) de xeito que o pasado ano foron máis de 70.000 Has as cultivadas con OXM. Pola súa banda, en Portugal están en cultivo 4.000 Ha de millo transxénico, sobre todo do Douro para abaixo, e o estado portugués aprobou no 2005 unha Lei de Coexistenza que na prática, abre a porta ao cultivo masivo de OXMs.
En Euskadi, son numerosas as explotacións, concellos e mesmo o governo basco que subscribiron declaracións territoriais de "zona libre de transxénicos". bove2.jpgEn Catalunya, e logo duns anos de loita activa no que o movemento anti-transxénicos foi criminalizado, decidiron virar en  positivo a campaña e están a recoller sinaturas para promover unha ILP (Som lo que Sembrem) que tire aos transxénicos dos campos e das cestas da compra.
Para ADEGA, membro da recén criada Plataforma Galega Anti-transxénicos, resulta fundamental aprender destas experiencias para desenvolver con eficacia un traballo de información-denuncia-mobilización cara a declarar Galiza territorio libre de transxénicos, mesmo através dunha ILP.
Concordamos en solicitar unha moratoria estatal, xa que debe ser o governo español quen active a cláusula de salvagarda para cada variedade (comenzando polo MON 810), mais non é menos importante aproveitar as competencias lexislativas dos territorios para irlles "segando" o apoio xurídico aos transxénicos dende os concellos e sobre todo dende as comunidades con competencias plenas, quer Galiza, Euskadi e Catalunya.
As campañas de información e sensibilización funcionan millor a nível local, contando coas asociacións de produtores/as e consumidores/as que, centradas na realidade máis inmediata, son a base para lexitimar as propostas que trasladaremos ás distintas administracións. bove1.jpgNeste senso, en Galiza a Plataforma Galega Anti-transxénicos, algúns de cuxos colectivos (ADEGA, o SLG e Amigos da Terra) estivemos neste Foro Ibérico, traemos valiosos contactos e experiencias para iniciar de contado unha estratexia galega de información e sensibilización cidadá contra os transxénicos, que pode cristalizar na promoción dunha ILP galega. Esta ILP, a semellanza da catalá, fará referenza á prohibición do cultivo (e por suposto dos ensaios) de OXM -a coexistenza é imposíbel- e ao dereito á información dos consumidores/as, através dunha etiquetaxe máis estrita na percura da trazabilidade total.
Polo que respeita ao plano estatal, subscribiremos a petición urxente ao governo español para que declare, tal como fixo recentemente o francés, unha moratoria para o cultivo destes organismos comenzando polo millo MON 810 e os seus derivados, activando a cláusula de salvagarda que prevé a lexislación europea. No entanto, algúns colectivos territoriais conseguimos tamén que entre as resolucións tomadas, se incluiran referenzas explícitas ao apoio das iniciativas territoriais como estratexia para irlles pechando todas as portas aos cultivos e aos produtos transxénicos na península.
<
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com