Nace a Plataforma Galega Anti-transxénicos Imprimir
Envia Nace a Plataforma Galega Anti-transxénicos a FaceBookEnvia Nace a Plataforma Galega Anti-transxénicos a Twitter

oxmperigo.jpgEste venres 29 de febreiro de 2008 constituiuse en Galiza a Plataforma Galega Antintransxénicos, coincidindo cunha xornada de divulgación e debate sobre os perigos dos organismos modificados xenéticamente (OMX´s). Reunímonos no concello de Lalín vinte organizacións sociais galegas para iniciarmos o camiño que nos haberá de levar á consecución do obxectivo final: a declaración de Galiza zona ceibe de transxénicos. Na reunión deste venres establecéronse as principais liñas de traballo que a Plataforma Galega Antitransxénicos (OMX´s) levará a cabo (segue...)


1º- Esiximos información por parte da Administración en todo o relativo ao cultivo e experimentación de transxénicos en Galiza,

2º- Solicitarase unha entrevista con carácter de urxencia cos/cas resposábeis máxim@s das Consellarías de Medio Ambiente e Medio Rural, na que se lles trasladará as demandas da Plataforma Galega Antitransxénicos.

3º- De xeito paralelo, iniciarase unha campaña de información cidadá referida ós riscos derivados do consumo e cultivo de transxénicos. Iniciarase de modo máis intensivo nos concellos onde xa se teñen realizado ensaios con OXM´s.

4º- Inícianse os trámites para a promoción dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) orientada á prohibición da experimentación, cultivo e consumo de productos tranxénicos en Galiza.

Nos próximos días desenvolverase o aparello comunicativo da Plataforma Galega Antitransxénicos: Páxina web e elaboración de tres dos documentos base: o manifesto “Galiza ceibe de transxénicos”, un tríptico de carácter técnico-informativo que trasladará as nosas argumentacións á sociedade galega e unha moción dirixida aos concellos para seren declarados zonas ceibes de transxénicos.

ORGANIZACIÓNS PRESENTES NA ASEMBLEA DE CRIAZÓN DA PLATAFORMA GALEGA ANTITRANSXÉNICOS:

ADEGA, A Esmorga, Alternativas Nómadas, Amigos da Terra, APEGA, Asociación Cultural Meiro, Cooperativa de Consumo Responsable Eirado, Fuga em Rede, Gentalha do Pichel, Rede Consumo Consciente, Saramaganta, Semente, Sindicato Labrego Galego, O Grelo Verde, Verdegaia

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com