ADEGA, xunto coa PDCC, conseguiu que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) paralizase cautelarmente os proxectos eólicos Bustelo e Campelo de Greenalia, autorizados pola Xunta de Galicia, nos concellos de Coristanco, Santa Comba e Carballo.
Un enorme éxito xudicial fronte a invasión eólica de Galiza que para, facerse efectivo, requiriu do depósito dunha caución ou aval de 20.000 euros. Grazas á solidariedade do pobo galego, o reto acadouse en tan só unha semana, desde que se puxo en marcha a campaña de recadación solidaria "Ti podes paralos!", a cal puxo en relevo o forte e amplo rexeitamento social ao actual modelo eólico da Xunta de Galicia.
Xuntas, parámoslle os pés a Greenalia e á Xunta de Galicia fronte a un modelo eólico agresivo co territorio e coas persoas. Poidemos paralos! Ti podes paralos!
Unha "caución" é unha garantía ou fianza que, neste caso, impón o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia á parte recorrente (ADEGA e PDCC), "para responder dos prexuízos de calquera natureza que puidesen derivarse da medida cautelar” á parte demandada.
O TSXG impón 10.000 euros de caución por proxecto cada paralizado cautelarmente, polo cal, ao ter admitido ata o momento a suspensión temporal de dous parques eólicos, enfrontámonos a unha caución de 20.000 euros. O prazo para realizar o depósito remata o vindeiro 1 de novembro!
Fai a túa achega a través de doazón ou préstamo solidario. Escolle a opción que prefiras.
As persoas que efectúen doazóns ou préstamos a través de ingreso en caixeiro automático, deberán enviar un emaii co xustificante de pago a xestion@adega.gal, indicando o seu nome completo + NIF, e se se trata dunha doazón ou préstamo. Tamén poden chamar ao teléfono 981570099.
Grazas!
Chámanos ao teléfono 981570099 ou escríbenos ao correo electrónico xestion@adega.gal ante calquera dúbida sobre como efectuar a túa achega a esta campaña.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal