ADEGA Cadernos

Buscador

Formulario de busca

Anexo: relación de bibliografía e documentación sobre auga e sustentabilidade

Redacción

Caderno nº 11 - Auga e sustentabilidade

Páx. 49

Relación de bibliografía e documentación utilizada para elaborar este CADERNO sobre auga e sustentabilidade.

Introdución

Xosé Veiras

Caderno nº 9 - Pesca sustentábel

Páx. 5

A catástrofe do Prestige pon de manifesto que a relación entre Galiza e o mar é intensa e non sempre feliz, xa antes, o estado de conservación do litoral galego era preocupante. Galiza é unha potencia pesqueira, pero a crise da sobrepesca ameaza o futuro do sector. Cómpre adoptar con sensibilidade ambiental e social, medidas que poñan fin ao notábel exceso de esforzo pesqueiro. Fronte á crise da pesca, e agora tamén como alternativa de desenvolvemento para as zonas castigadas polos desastre do Prestige, promóvese a acuicultura. Esta pode contribuír á sobrepesca e á degradación dos espazos naturais de elevado interese. Durante novembro de 2002, mes que ficará marcado na nosa historia por este accidente, ADEGA desenvolveu en diferentes localidades costeiras unhas xornadas preparadas nos meses anteriores baixo o lema “Galiza e o mar”. Neste número 9 e no número 10 de ADEGA-CADERNOS recollemos os interesantes relatorios presentados nestas xornadas.

En defensa das rías

Foro Aberto en Defensa das rías

Caderno nº 10 - Medio ambiente litoral

Páx. 5-13

No litoral galego combínanse e coexisten medios de elevada produtividade con outros medios de condicións difíciles para a vida o que explica que se traten zonas onde se dan elevados índices de biodiversidade que precisan ser protexidos e conservados.A produtividade, a complexidade e a diversidade xeográfica e a climatoloxía desenvolven toda unha serie de actividades económicas cun alto valor socioeconómico demostrando que supoñen un sostén básico para os sectores comerciais, de servizos e construcións locais.Así pois, comprobamos un deterioro continuado, agravado pola aparición de novas actividades e contaminantes e a intensificación daquelas altamente impactantes que só se ve contrarrestado pola medre conciencia cidadá, a actividade dos grupos en defensa da natureza e a propia capacidade rexeneradora das rías.

Resumo

Manuel Soto

Caderno nº 12 - Depuración de augas residuais

Páx. 5 – 10

O modelo de saneamento maniféstase non sustentábel, desde a dobre perspectiva económica e ambiental. Compre pois un debate en profundidade sobre saneamento e controle da contaminación, incluíndo a prevención da contaminación, a redución do consumo de auga, e a promoción de sistemas máis sinxelos, naturais e de baixo custo para a depuración. Nese sentido, este caderno complementa os contidos do número anterior, e aborda cuestións relativas ao desenvolvemento e promoción de tecnoloxías naturais para a depuración de augas residuais, centrándose na dixestión anaerobia e nas zonas húmidas construídas, e describe a súa aplicación e viabilidade a zonas rurais e en xeral a núcleos ou áreas duns poucos miles de habitantes.

Características das augas residuais urbanas

Xoán A. Ávarez, Manuel Soto

Caderno nº 12 - Depuración de augas residuais

Páx. 11 – 22

As variábeis que determinan a composición e o caudal das ARU son os hábitos da poboación en canto a alimentación, hixiene, utilización dos recursos, etc., a recollida ou non de pluviais na rede de sumidoiros e a maior ou menor achega de efluentes industriais ou do comercio. Todo isto fai que as ARU presenten diferencias na caracterización dependendo das circunstancias concretas de cada zona. Neste capítulo centrarémonos en avaliar as características das augas residuais urbanas, expoñendo primeiramente unha serie de datos de referencia e revisando despois os datos dispoñíbeis para os vertidos de diferentes localidades galegas.

Tratamento anaerobio de augas residuais. Aplicación a efluentes urbanos

Xoan A. Álvarez e Manuel Soto

Caderno nº 12 - Depuración de augas residuais

Páx. 23 – 32

O tratamento anaerobio baséase na dixestión da materia orgánica por parte de microorganismos anaerobios presentes en augas e lodos que non conteñen oxíxeno, obténdose como resultado desta degradación metano e dióxido de carbono, e trazas de sulfuro de hidróxeno, amoníaco, nitróxeno, etc. Esta situación prodúcese de forma natural nas augas semiestancadas, ou en leitos onde unha gran cantidade de materia orgánica esgota o oxíxeno existente. Os autores deste artigo explícannos máis detalladamente o funcionamento deste tipo de tratamento e cales son as súas aplicacións.

ADEGA Cadernos
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal