ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / 13X: Manifestación Casalonga Limpa de...

13-06-2021

13X: Manifestación Casalonga Limpa de Residuos en Compostela

O vindeiro domingo, 13 de xuño, ADEGA únese á manifestación convocada pola Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, para rexeitar unha vez máis o vertedoiro encoberto no que se pretende converter a antiga mina de Casalonga a través dun dereito mineiro que debe declararse caduco por parte da Xunta de Galicia.

A mobilización dividirase en tres actos:
Ás 8.30: saída a pé dende a canteira cara Santiago polo Camiño Portugués.
Ás 12h: Reunión na Alameda, onde instalaremos unha pancarta permanente, e saída da manifestación.
Ás 13h: Acto na praza da Quintana.

Para aqueles que desexen vir a pé polo Camiño Portugués, a pista da canteira permanecerá cortada dende ás 8h ata ás 15h para poder deixar os coches.

Para aqueles que prefiran unirse en Santiago sairán autobuses dende o campo de Cierto ás 11h (gratuítos, previa anotación na gasolinera da Casalonga)

Traede xente!

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal