ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Marcha contra o parque eólico Serra da...

16-05-2021

Marcha contra o parque eólico Serra da Groba

ADEGA únese ao chamado do Instituto de Estudos Miñoráns á mobilización social contra o Parque eólico na Serra da Groba, o vindeiro domingo, 16 de maio. 

Esta marcha en defensa da Groba tamén amosa o rexeitamento contra o Modelo Enerxético da Xunta de Galicia que pretende instalar 44 aeroxeradores repartidos en seis Parques Eólicos por toda a Serra.

Infórmate, colabora difundindo esta convocatoria e reserva esta data na túa axenda para poder participar!

Punto de encontro: Alto da Mata (fonte ICONA), no km 9,7 da estrada EP-2202 Baiona – Loureza

A Serra precisa de nós! A Groba chama por nós!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal