ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Convocatoria 45 Asemblea Xeral de ADEGA

08-05-2021

Convocatoria 45 Asemblea Xeral de ADEGA

As socias e socios de ADEGA están convocados/as á 45ª Asemblea Xeral de ADEGA, correspondente á anualidade 2020, que se celebrará o vindeiro sábado, 8 de maio, en sesión de mañá, e en formato telemático.

O encontro farase a través da plataforma de reunións telemáticas ZOOM. Por cuestións de carácter técnico e organizativo, para poder participar e confirmar a túa asistencia á Asemblea Xeral de ADEGA deberás inscribirte previamente no seguinte FORMULARIO: https://forms.gle/v1ohKzKUiiW27Bs38  

Prazo límite de inscrición: ata o mércores 5 de maio (incluído).

No formulario, poderás escoller o grupo de debate no que queres participar daqueles que se propoñen para desenvolver na Asemblea de socias/os co gallo de establecer as liñas de traballo estratéxicas de 2021.

Unha vez recibamos o teu formulario de inscrición, ADEGA enviará ao teu correo electrónico as indicacións necesarias para poder acceder e participar con todas as garantías neste encontro virtual, a través da plataforma Zoom.

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Previa á Asemblea Xeral Ordinaria, celebrarase unha Asemblea Xeral Extraordinaria para a consulta da modificación dos Estatutos e do Regulamento Interno de ADEGA. 

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS Á NOVA DIRECTIVA

Na 45ª Asemblea Xeral Ordinaria de ADEGA cómpre renovar os cargos da Xunta Directiva Xeral. Segundo o artigo 28 dos Estatutos de ADEGA, as socias e socios poderán presentar candidaturas ante a Comisión Permanente cun mínimo de 7 días naturais antes da data da Asemblea Xeral. En tal caso, envía a túa candidatura en tempo ao correo-e da secretaría executiva: organizacion@adega.gal.  

PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN
As socias e socios de ADEGA poderán presentar propostas de resolución para seren debatidas na Asemblea Xeral de ADEGA. Nese caso, prégase se envíen por escrito antes da data da Asemblea Xeral ao correo-e: organizacion@adega.gal   

PREMIOS OSÍXENO E DIOXINA 2020
No peche da Asemblea, farase pública a resolución dos premios Osíxeno e Dioxina de ADEGA para a anualidade 2020. A entrega dos galardóns realizarase nun acto posterior e específico, cuxa data está por concretar, e que en todo caso, terá lugar tras o levantamento do estado de alarma.

Saúdos ecoloxistas!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal