ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Exposición sobre as EEI nas Festas do...

Do 24-06-2021 ao 29-06-2021

Exposición sobre as EEI nas Festas do Barrio de San Pedro

A exposición "Unha Invasión Silenciosa: A Biodiverdsidade baixo Ameaza" poderase visitar no centro Don Bosco de Santiago de Compostela dentro da programación das festas do Barrio de San Pedro 2021, do 23 ao 29 de xuño.

A exposición recolle en trece paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das especies exóticas invasoras. Que son? Cal é a súa orixe e que implica unha bioinvasión, así como, os principais ecosistemas afectados e as especies máis comúns e algunas cuestión que podemos facer para atallar este problema.

A introducción de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nível planetario. ADEGA ten realizado nos últimos anos numerosas actuacións de divulgación sobre esta problemática así como numerosas actuacións de eliminación de flora exótica invasora en diferentes espazos naturais galegos.

A exposición estará instalada ata o 29 de xuño.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal