ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro de identificacion de especies invasoras...

21-11-2026

Roteiro de identificacion de especies invasoras polos Ancares

🌿Ven descubrir os Ancares e aprender a identificar especies invasoras!

O vindeiro sábado 21 de novembro organizamos un roteiro de identificación de especies invasoras en San Román de Cervantes, no corazón da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses.

Percorreremos a Ruta do Castro, un itinerario circular duns 8 quilómetros que nos levará por bosques autóctonos de carballos e castiñeiros, o Castro de Santa Mariña, o alto de Bibián (900 m) e a capela de Santo Estevo e Santo Antonio. Unha oportunidade para coñecer mellor este territorio e aprender a identificar especies invasoras e os seus impactos sobre os ecosistemas.

Ao rematar, teremos un xantar de petiscos na Casa das Chocas (Cervantes), cun prezo aproximado de 15-20 € por persoa.

🚌 Saída de Lugo (diante de Maxisterio) ás 8:30 h e volta a primeira hora da tarde.
📌 É imprescindible anotarse previamente, ben nos contactos indicados no cartel ou cubrindo este formulario https://forms.gle/qY2QXAVag1cdMsg39

Anímate a participar!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal