ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Actividade nas hortas de Santiago

24-11-2026

Actividade nas hortas de Santiago

Os vindeiro martes 24 de novembro, ás 17:00 horas, celebraremos nas Hortas Belvís de arriba, en Santiago de Compostela,o derradeiro obradoiro de agroecoloxía de este ano 2026.

Ao longo da sesión seguiremos afondando nos principios da agroecoloxía e na súa aplicación práctica en espazos de cultivo urbanos. O obxectivo é ofrecer ferramentas e coñecementos para crear hortas máis sostibles, produtivas e respectuosas coa biodiversidade, favorecendo un manexo ecolóxico do solo e dos cultivos.

SEguiremos traballando na horta para deixala o mellor posible para esta primavera.

O obradoiro está dirixido tanto a persoas que xa participan en hortas urbanas como a quen queira iniciarse neste ámbito, sen necesidade de experiencia previa.



Esta actividade conta coa colabroación de Concello de Santiago de Compostela e Urbaser

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal