Inicio / Axenda / Educación ambiental / Limpeza de praias en Cangas con ADICAM
18-10-2026
O vindeiro domingo 18 de outubro, Véspera do Día Mundial contra o Cancro de Mama, ADEGA e ADICAM unimos forzas na XV Limpeza Simultánea de Praias para coidar o noso litoral, sensibilizar sobre a importancia de protexer o medio natural e visibilizar a forza das redes de apoio e da comunidade. Porque hai algo que une o noso traballo: a vontade de coidar. Coidar o territorio, coidar as persoas, acompañar e construír comunidade.
Data: Domingo, 18 de outubro
Lugar: Praia de Liméns, Cangas
Punto de encontro: Aparcamento Praia de Liméns (https://maps.app.goo.gl/pru3hvCWX1DBFqp66)
Hora: 10:30 am Inscricións: https://i.gal/limpezaADICAM
Anímate e trae posto algo de cor rosa!
As prazas son limitadas! Únete á marea!
Esta é unha actividade desenvolvida no marco do Proxecto #RíasVivasSur, impulsado pola delegación de ADEGA en Vigo e O Morrazo co apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e do GALP Ría de Vigo A Guarda. Cofinanciado pola Unión Europea a través do FEMPA.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal