ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Actividade nas hortas de Santiago

Do 21-10-2026 ao 30-10-2026

Actividade nas hortas de Santiago

Os vindeiros mércores 21 de outubro e venres 30 de outubro, ás 17:00 horas, celebraremos nas Hortas Belvís de arriba, en Santiago de Compostela, uns novos obradoiros dedicados á agroecoloxía aplicada ás hortas urbanas, impartidos por Lucía Ferreira.

Ao longo da sesión afondaremos nos principios da agroecoloxía e na súa aplicación práctica en espazos de cultivo urbanos. O obxectivo é ofrecer ferramentas e coñecementos para crear hortas máis sostibles, produtivas e respectuosas coa biodiversidade, favorecendo un manexo ecolóxico do solo e dos cultivos.

Nesta ocasión incuiremos unha parte práctica nunha das hortas!

O obradoiro está dirixido tanto a persoas que xa participan en hortas urbanas como a quen queira iniciarse neste ámbito, sen necesidade de experiencia previa.


Inscricións e máis información:

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal