Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada Formativa do Proxecto Rios
03-10-2026
Durante as campañas de inspección de ríos o Proxecto Ríos desenvolve cursos de formación para fornecer ao voluntariado participante na metodoloxía de recollida e na identificación de macroinvertebrados, animais bioindicadores que empregamos para determinar a calidade ecolóxica do río.
O curso de formación que faremos en 2026 na provincia da Coruña e dentro da colaboración entre ADEGA e a Deputación Provincial da Coruña, realizarase no Local de ADEGA (Avda. Castelao, 20 baixo, Santiago de Compostela) o sábado 3 de outubro.
Neste curso centrarémonos na metodoloxía de recollida de mostras e identificación das diferentes familias de macroinvertebrados.
O Programa provisional é:
10:30 Inicio do curso
10:45 Estado do Proxecto Ríos
11:15 Saída ao río. Recollida de mostras
11:45 Identificación de macroinvertebrados
14:00 Clausura do curso
Se estás interesado/a en participar, anótate!
Cubre o formulario de inscrición
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal