ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Encontro ecoloxista da FEG

24-10-2026

Encontro ecoloxista da FEG

O Encontro Ecoloxista 2026 organizado pola Federación Ecoloxista Galega, da que ADEGA fai parte, realizarase o sábado 24 de outubro, sobre os retos do ecoloxismo ante o contexto xeopolítico actual e as súas repercusións ambientais. A realización dun traballo comunitario na Eira da Xoana, debates sobre os lumes e a expansión dos terreos dedicados á vide para produción de viño e proxeccións, son algunhas das propostas deste encontro.

Contido e estrutura da xornada do sábado 24 de outubro:

  • 11h a 12:30h: Reflexión sobre os retos que para o ecoloxismo supón o contexto xeopolítico actual e as súas repercusións ambientais. Coa participación de Christoph R. Schreinmoser, director do IGADI
  • 12:30h a 14:00h: traballo en común e roteiro na Eira da Xoana
  • 14:00h a 16:30h: xantar común, para o que cada persoa se encargará de achegar a súa propia comida.
  • 16:30h a 18:00h: afondaremos en dúas liñas de traballo que están a levar os diferentes colectivos da FEG, para compartir coñecementos, accións, propostas, etc.  
    • 16:30 a 17:00h: o CES presentará o traballo que están a facer en relación á extensión do cultivo da vide.
    • 17:00 a 18:00h: trataremos sobre o traballo feito arredor dos lumes, tanto polos colectivos como pola propia Federación, coa idea de establecer prioridades, xerarquizar accións e ámbitos de incidencia en relación a criterios de posibilidade, eficacia ou estratexia. Trataríase de poder reflexionar sobre as moitas actividades xa realizadas para evitar reiteracións, duplicidades ou esforzos ineficaces de cara ao futuro.
  • 18h a 19h: Pecharemos a xornada coa proxección da peza do proxecto Filtrando a Luz, Rizoma V, sobre a custodia do territorio.
Inscríbete e participa nas xornadas: https://forms.gle/6YhjUnnoGZxHRLjM6

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal