ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA /

Do 18-09-2026 ao 29-09-2026

A exposición "ADEGA, 50 anos coidando a terra", que conmemora o seu medio século de traxectoria na defensa do medio ambiente galego, pode visitarse desde o mércores 16 ata o martes, 29 de novembro, na Praza do alcalde Ramón José Souto González en Fene. 

Esta mostra foi realizada grazas ao apoio da Deputación provincial da Coruña e a colaboración de socias e simpatizantes que axudaron a configurala. A iniciativa enmárcase nunha xeira de actividades conmemorativas que ADEGA ten previsto desenvolver ata finais de ano por todo o territorio galego co obxectivo de poñer en valor a traxectoria da propia organización, mais sobre todo daqueles fitos e loitas ecoloxistas que marcaron o devir presente e futuro do noso pobo e da nosa terra, así como favorecer o coñecemento e o activismo ambientalista entre as xeracións máis novas. 

Non perdas de visitala!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal