Do 04-09-2026 ao 13-09-2026
A celebración do 50 aniversario de ADEGA cruza o Miño e chega a Caminha. Do venres 4 ao domingo 13 de setembro, a exposición "50 anos coidando a Terra" estará emprazada na Salão Nobre da Associação Humanitária dos Bombeiros Voluntários de Caminha.
Ao tempo, o 11 de setembro proxectarase no Teatro Valadares o documental conmemorativo do 50 aniversario "A Terra por gañar", o que supón a súa estrea en Portugal. Terá lugar ás 21:45 h e finalizará cun coloquio a cargo de Lucía Soliño, presidenta da delegación de ADEGA en Vigo e O Morrazo, e Modesto Solla, tamén membro destacado da asociación.
Ambas actividades están organizadas pola Associação de Defesa do Património COREMA, en colaboración con ADEGA, a Associação Humanitária dos Bombeiros Voluntários de Caminha e Locus Cinemae (Associação de Cinema de Caminha).
Se andas cerca, non perdas a oportunidade de visitar a mostra e ver o documental!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal