Inicio / Axenda / Educación ambiental / Ruta de marisqueo en Redondela
15-08-2026
Ven coñecer o mundo do marisqueo a pé e descubrir, da man das mariscadoras de Cesantes, o seu traballo e os seus saberes, o valor e funcionamento destes espazos e a importancia da súa conservarción. Prazas limitadas.
Esta é a primeira actividade do Proxecto Rías Vivas impulsado pola delegación de ADEGA en Vigo e O Morrazo. O seu obxectivo é a custodia de espazos mariños da ría de Vigo e o litoral próximo, para conservar a biodiversidade e o patrimonio natural, paisaxístico e cultural destas áreas.
No marco deste proxecto, ADEGA promoverá usos sustentables, fará seguimento do estado dos ecosistemas e poñerá en valor estes recursos e as actividades que deles dependen.
O Proxecto Rías Vivas conta co apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e do GALP Ría de Vigo–A Guarda, e está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal