ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XV Limpeza Simultanea de Praias

18-10-2026

XV Limpeza Simultanea de Praias

O próximo 18 de outubro celebraremos a XV Limpeza Simultánea de Praias, unha nova oportunidade para unir forzas e actuar fronte á contaminación mariña.Cada ano centos de persoas saen ao litoral para demostrar que, coa implicación da cidadanía, podemos contribuír a conservar as nosas praias e facer visible un problema que nos afecta a todas e todos. Máis alá da recollida de residuos, esta xornada é unha chamada á acción e á reflexión sobre a necesidade de eliminar o lixo que acaba no mar.


A convocatoria está aberta a asociacións, centros de ensino, concellos, colectivos e a todas aquelas persoas que queiran organizar ou participar nunha limpeza. Canta máis xente se sume, máis forte será a marea en defensa do noso litoral.


Mapa de limpezas

Neste mapa podedes consultar as limpezas que se van realizar. Se premedes en cada areal, podedes consultar se son grupos abertos ou pechados. Aqueles grupos abertos, terán un contacto ao que poderedes escribir para anotarvos á limpeza.

Non perdas a oportunidade!


Concellos colaboradores: Concello de Ares, Concello de Cangas, Concello de Fene, Concello de Muros, Concello de Nigrán e Concello do Grove.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal