ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Visita polo Rato

16-07-2026

Visita polo Rato

Ven coñecer as nacentes do río Rato! Un refuxio de biodiversidade na cidade de Lugo ameazado por un proxecto de ampliación do polígono industrial.

  • Anótate: adegalugo@adega.gal / 982 240 299
  • Día: xoves, 16 de xullo
  • Hora: 22:00
  • Punto de quedada: Polígono do Ceao, detrás do Mercadona

CAMPAÑA "RÍO RATO SEN CEMENTO"

Esta visita desenvólvese no marco da campaña "Río Rato sen cemento", unha iniciativa impulsada por ADEGA co obxectivo de reunir os fondos necesarios para frear o proxecto urbanístico que ameaza con selar as nacentes deste río urbano. Entra en adega.gal/rioratosencemento e fai a túa doazón!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal