Inicio / Axenda / Educación ambiental / XIX Limpeza Simultanea de Rios
04-10-2026
O domingo 04 de outubro celebraremos a XIX Limpeza Simultánea de Ríos
Esta actividade busca concienciar a sociedade sobre a importancia de manter os nosos ríos libres de lixo, unha condición imprescindible para garantir a súa saúde e preservar a súa biodiversidade.
Un ano máis, convocamos aos grupos do Proxecto Ríos a sumarse a esta xornada de implicación ambiental. A chamada tamén vai dirixida ao conxunto da sociedade: asociacións, centros de ensino, concellos e todas aquelas persoas que desexen colaborar na protección dos nosos cursos fluviais.
Se queres participar, escribe un correo a proxectoriosgaliza@gmail.com e indícanos a seguinte información:
Actividade financiada pola Deputación da Coruña e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal