14-06-2026
As plataformas Ulloa Viva, En Defensa da Ría de Arousa e Mina Touro-O Pino Non convocan unha manifestación nacional o vindeiro 14 de xuño na Illa de Arousa, desde a praia do Vao até o Porto de Xufre.
Baixo o lema “Pola defensa do Ulla e da Ría de Arousa. Re-matemos Altri e a Mina de Touro-O Pino”, as tres plataformas convidan a toda a cidadanía a mobilizarse contra estes dous proxectos industriais contaminantes que a Xunta de Galiza segue a tramitar e que ameazan o río Ulla e a ría de Arousa.
Mobilízate!
Percorrido: Lugar de saída: beira do Edificio de Usos Náuticos do concello da Illa de Arousa (anexo ao aparcadoiro do Vao). Percorrido: Paseo do Vao > Rúa Con do Sambro > Estrada EP-9802> Barrio das Aceñas > PO-307 (Avenida da Ponte) > Avenida de Castelao > Paseo do Cantiño > Final no Porto do Xufre.
Aparcamento: este parking está dispoñible para os vehículos particulares: localización.
Locais de restauración: restaurantes Illa de Arousa, restaurantes Vilanova de Arousa.
Autobuses: os autobuses deixarán ás persoas na zona do Vao, punto de inicio da manifestación. Logo volverán a Vilanova de Arousa para estacionar no porto e posteriormente recollerán ás persoas participantes ao remate da mobilización.
Lugo
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal