ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornada ADEGA: 50 anos de ecoloxismo galego

Do 01-06-2027 ao 01-06-2026

Xornada ADEGA: 50 anos de ecoloxismo galego

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Consello da Cultura Galega e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizan un acto conmemorativo para celebrar o medio século de historia da asociación ecoloxista. O evento terá lugar o luns, 1 de xuño, nas instalacións do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. A peza principal será a proxección do documental A Terra por gañar, á que seguirá un debate en que participarán destacados membros fundadores e da actual dirección de ADEGA. No mesmo acto, farase entrega do libro titulado ADEGA: 50 anos coidando a terra.

Máis información e inscricións, aquí

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal