Inicio / Axenda / Educación ambiental / Presentación do programa A Rúa...
21-04-2026
ADEGA e o Concello da Rúa botan a andar o programa A Rúa Composta, unha iniciativa centrada na promoción da compostaxe como ferramenta clave para a redución de residuos orgánicos e o coidado do medio ambiente.
A presentación terá lugar na Casa do Concello (2º andar) o martes 21 de abril, ás 19:30 horas. Nela daranse a coñecer as principais accións do programa, entre as que destacan a posta en marcha de máis de 100 composteiros caseiros destinados aos fogares, así como unha experiencia de compostaxe comunitaria no IES Cosme López Rodríguez.
Achégate!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal