Inicio / Axenda / Educación ambiental / Eliminación de Flora Exótica...
Do 14-04-2026 ao 25-04-2026
A delegación de ADEGA Compostela, xunto co Proxecto Ríos, realizará o vindeiro sábado 25 de abril unha actividade de eliminación de flora exótica invasora no terreo custodiado por ADEGA, onde se atopa a Ponte Cabirta.
O punto de encontro será aquí ás 10,00h rematando aproximadamente ás 14,30h.
Todo o material necesario será achegado por ADEGA Compostela.
Será necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario: Inscrición
Para máis información, podedes enviar un correo electrónico a adegacompostela@adega.gal ou chamar ao 722 230 663 (Itziar).
Esta actividade conta co finaciamento da Deputación da Coruña
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal