ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Actividade de voluntariado Couto da Eirexiña

28-03-2026

Actividade de voluntariado Couto da Eirexiña

O Couto da Eirexiña volve organizar unha actividade de voluntariado para este sábado, 28 de marzo, en Rebordelo.

Programa do voluntariado ambiental

9:45 h – Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo
10:00 h – Comezo da actividade de deseucaliptización
14:00 h – Xantar na Casa do Pobo de Rebordelo
16:00 h –  Asamblea ordinaria anual de persoas socias, na mesma Casa do Pobo de Rebordelo*

A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes, ademais do xantar vexetariano.

Queres participar? Inscríbete na actividade da mañá de deseucaliptización. Lembra marcar se quedas a xantar. Podes facelo neste Formulario de inscrición.

A data límite será o vindeiro xoves, 26 de marzo, ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar.
Se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com

Agardámoste!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal