Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada teórico-práctica sobre...
Do 01-09-2025 ao 02-09-2025
ADEGA imparte os días 1 e 2 de setembro de 2025 unha xornada teórico-práctica sobre especies exóticas invasoras no CIFP A Granxa de Ponteareas destinada a profesorado de ciclos formativos.
Sesión teórica: 01 de setembro de 9:00 a 14:00 h.
Sesión práctica: 02 de setembro 9:00 a 13:00 h. Visita á zona de actuación no río Tea dentro do Proxecto Fluviatilis, identificación de especies exóticas invasoras e estudo e aplicación de indices biolóxicos.
As actividades de educación, sensibilización e educación ambiental dirixidas a diferentes públicos, incluídos os centros educativos, son unha das propostas do proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal