ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / TARUGOTÓN

Do 27-02-2026 ao 01-03-2026

TARUGOTÓN

Por segundo ano consecutivo, Limpiarousa, ADEGA, Surfrider e ProxectoaMARte impulsan o Tarugotón, unha recollida simultánea de paus de batea nas praias galegas. Trátase dunha actividade de ciencia cidadá para axudar a conservar as nosas costas e concienciar sobre a problemática destes e doutros residuos que atopamos nas praias.

🗓️ Cando? Fin de semana do 27, 28 de febrero, 1 de marzo (ou calquera día desa semana para centros lectivos).

📍 Onde? Na túa praia favorita ou na máis próxima.

Cómo participar? É moi fácil:

  1. Escolle o día (27, 28 de febrero, 1 de marzo) e o lugar onde ir realizar a recollida, dun máximo dunha hora. Recomendamos avisar previamente ás entidades organizadoras nos seguintes contactos: Zona Rías Baixas: limpiarousa@gmail.com / Zona Costa da Morte e Mariña Lucense: itziar@adega.gal / Zona A Coruña e Ferrol: proxectoamarte@gmail.com. 
  2. Unha vez na praia, procura a liña superior da marea (onde se acumulan algas), espazo no que normalmente se atopan os plásticos. Conta o tempo e comeza a retirar os tarugos. Entre tanto, tira alguna foto do estado da zona e da área onde recolliches, se é posible. 
  3. Despois da recollida, envíanos estes datos empregando o formulario que indicamos máis abaixo: 
    • Lugar de recollida (Praia, concello)
    • Número de persoas participantes
    • Número de tarugos recollidos nunha hora (total, enteiros, partidos)
    • Fotos: do grupo, los tarugos recollidos, etc.
Formulario: Tarugoton 2026


Queres compartir a túa experiencia?

Etiquétanos nas túas redes sociais:
📲 @Limpiarousa, @adega_ecoloxismo, @Surfriderespana, @ProxectoaMARte

Podes empregar os cancelos: #TarugotónGalicia  #Tarugotón2026

Anímate! Xuntas podemos marcar a diferencia e axudar a manter as nosas costas máis limpas.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal