Do 18-11-2025 ao 30-04-2026
Velaquí che presentamos a guía metodolóxica "Resiliencia e xestión fluvial: unha guía metodolóxica para o desenvolvemento de accións de restauración de ecosistemas fluviais e a implementación de modelos de gobernanza".
Esta guía é un recurso esencial, deseñada no marco do Proxecto Fluviatilis como ferramenta de referencia para as autoridades locais e as organizacións de xestión do territorio, co obxectivo de garantir que a aprendizaxe e os resultados obtidos por este proxecto teñan un impacto duradeiro e poidan aplicarse a outros territorios.
O documento, froito do traballo colaborativo de ADEGA, ANSE, Grup de Natura Freixe, Fundació Limne e Red Cambera, estrutúrase arredor dos dous piares centrais do proxecto:
A guía ofrece orientación e solucións innovadoras para harmonizar o uso público das zonas fluviais coa necesidade urxente da súa conservación. Detállanse os principais problemas aos que se enfrontan os ecosistemas fluviais (como a calidade da auga, a vexetación de ribeira e as especies exóticas invasoras), e preséntanse Solucións Baseadas na Natureza (SbN) e técnicas de bioenxeñaría paisaxística para a súa restauración.
Inclúense descricións detalladas de técnicas de bioenxeñaría como as cortas directas ou as faxinas vivas, así como ferramentas para a caracterización dos ambientes fluviais (hidroloxía, procesos, vexetación).
Esta guía non só consolida a experiencia práctica de FLUVIATILIS na restauración de treitos fluviais prioritarios, senón que tamén senta as bases para un futuro no que os ríos e as súas ribeiras sexan xestionados de forma sostible. A publicación é, polo tanto, unha "folla de ruta para o fortalecemento da custodia do territorio no sector fluvial".
Convidamos a todas as administracións, entidades e cidadanía interesada a descargar a guía e unir esforzos en apoio da conservación e restauración dos nosos ecosistemas fluviais.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal