Inicio /
Axenda /
ADEGA /
Oferta de Emprego | Queres formar parte da nosa...
Do 03-02-2026 ao 11-02-2026
Oferta de Emprego | Queres formar parte da nosa equipa?
ADEGA ofrece un posto de traballo para coordinar a actividade da delegación da entidade na provincia de Lugo e apoiar á directiva local nas tarefas administrativas, organizativas e de representación.
Funcións do posto
1. Organización e coordinación
- Coordinación do traballo diario da delegación.
- Atención ás persoas socias, colaboradoras e público interesado.
- Organización de actos, actividades e accións divulgativas.
- Interlocución coa estrutura nacional da entidade.
2. Xestión técnico-administrativa
- Tramitación e seguimento de subvencións públicas.
- Elaboración e presentación de solicitudes, denuncias e alegacións ante a Administración pública.
- Apoio á tesourería: rexistro contable, xestión de pagos, contratacións e control documental.
- Arquivo, custodia e actualización da documentación da delegación.
3. Comunicación e divulgación- Elaboración e difusión de comunicacións e boletíns internos.
- Redacción de notas de prensa e actualización de contidos en web e redes sociais.
- Impartición de charlas, presentacións e accións formativas.
- Deseño de cartaces e outros materiais divulgativos.
Requisitos das persoas candidatas
Formación e coñecementos
- Titulación universitaria: grao, licenciatura ou diplomatura.
- Estudos relacionados con algún dos seguintes ámbitos: xestión, administración e/ou dirección de entidades, ciencias naturais ou da terra, divulgación/comunicación, dereito, educación ambiental.
- Manexo solvente de ferramentas ofimáticas (Word, Excel, PowerPoint ou similares).
- Nivel alto de galego, tanto oral como escrito.
- Permiso de conducir.
Valorarase especialmente- Interese activo polo medio ambiente e a cultura, acreditable a través de formación, participación en actividades, voluntariado ou outras experiencias relacionadas.
- Experiencia ou colaboración previa con organizacións sociais, ecoloxistas ou culturais que dote dun coñecemento práctico do tecido asociativo.
- Manexo de sistemas de información xeográfica en tarefas de análise e documentación.
Condicións laborais
- Incorporación inmediata.
- Contrato indefinido cun mes en período de proba.
- Xornada de 30 horas semanais (6 horas diarias).
- Horario continuo de mañá (suxeito a cláusula de flexibilidade)
- Lugar de traballo: local de ADEGA na cidade de Lugo (Ronda das Fontiñas, 180 Ent.)
- Salario base mensual: 1.200 euros
Como presentar a candidatura?
Envía o teu currículo ao enderezo electrónico adegalugo@adega.gal, indicando no asunto “Candidatura a posto de traballo ADEGA-Lugo”. O prazo permanecerá aberto ata o mércores, 11 de febreiro de 2026 (incluído).
Grazas pola túa atención.