ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Charla O fenómeno da migración das...

05-06-2026

Charla O fenómeno da migración das aves

O vindeiro venres, 5 de xuño, o ornitólogo Pere Josa impartirá unha charla sobre o fenómeno da migración das aves. Falará sobre as principais rutas migratorias das aves, estratexias durante a migración e métodos de estudo, así como da importancia da conservación e protección dos espazos utilizados polas aves migratorias.

Terá lugar no CS A Nubeira de Vigo, de 19:00 a 20:00 horas. Este encontro desenvólvese no marco da iniciativa Petiscos de natureza, un ciclo de charlas organizadas pola delegación de ADEGA Vigo e O Morrazo co obxectivo de dar a coñecer a fauna e flora da nosa contorna.

Cada un dos petiscos propostos axudaranos a entender mellor as especies que habitan ao noso carón: a súa identificación, como viven, as súas ameazas e que podemos facer por conservalas. Todas as charlas terán lugar no CS A Nubeira de 19:00 a 20:00h. Non se require inscrición previa. Entrada libre ata completar aforo! Non o perdas.

Vindeiras palestras

Venres, 5 de xuño 
O fenómeno da migración das aves
— Pere Josa Anguera, ornitólogo

Venres, 4 de setembro
Conservación de morcegos en Galicia
— Zeltia López, bióloga

Venres, 2 de outubro 
As pistas do mar: identificación de cunchas e restos mariños
— Lucía Soliño, doutora en Bioloxía

Venres, 6 de novembro
Fauna ameazada do Esteiro do Miño
— Manuel Sobrino, naturalista

Venres, 4 de decembro
Aves mariñas fronte ás Rías Baixas, un valor ornitolóxico de relevancia internacional
— Nicolás Magdalena, ornitólogo

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal