ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Charla sobre as aves marinhas en Vigo - Petiscos...

06-11-2026

Charla sobre as aves marinhas en Vigo - Petiscos de Natureza

O corredor migratorio mariño que discorre fronte ás costas galegas é un dos máis importantes do mundo. Neste contexto, as Rías Baixas desempeñan un papel fundamental como zona de paso e alimentación para numerosas aves migratorias. Neste petisco achegarémonos ao fascinante mundo das aves mariñas, descubriremos que especies visitan as nosas costas cada ano e veremos como a súa observación pode contribuír á conservación destes espazos de incalculable valor ecolóxico.

CS A Nubeira, Vigo
19:00 - 20:00 h

Esta charla forma parte de Petiscos de Natureza, un ciclo de encontros organizado pola delegación de ADEGA Vigo e O Morrazo para achegarnos á fauna e á flora da nosa contorna.

Vindeiras palestras

Venres, 6 de novembro
Aves mariñas fronte ás Rías Baixas, un valor ornitolóxico de relevancia internacional
— Nicolás Magdalena, ornitólogo

Venres, 13 de novembro
Presentación do libro "Estado de conservación de los anfibios y reptiles continentales de Galicia"
— Ismael Espasandín (Grupo Naturalista Habitat) e Cesar Ayres (Asociación Herpetológica Española), coautores do libro.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal