ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Asemblea aberta Queremos Galego!

14-03-2026

Asemblea aberta Queremos Galego!

A plataforma cidadá Queremos Galego!, da que fai parte ADEGA, presentará os resultados do proceso Lingua Vital o vindeiro 14 de marzo na praza da Quintana de Compostela, no marco dunha asemblea multitudinaria e aberta. Este acto marcará un punto de inicio para que entidades sociais, concellos, deputacións e a propia Xunta teñan claro que medidas cómpre desenvolver".

Así pois, o 14 de marzo veremos o resultado dun proceso amplo, plural e participativo na procura de solucións efectivas para o idioma procuradas a través do encontro e a colaboración para reverter a emerxencia lingüística, co convencemento absoluto de que é reversíbel e de que existe moito futuro para o noso idioma

En concreto, Lingua Vital proporá avances normativos para a oferta positiva e a extensión e información sobre dereitos lingüísticos, a necesidade de fomentar unha lingua de calidade, a consolidación do galego como a lingua normal, predeterminada e plenamente operativa en todos os servizos públicos, a derrogación do decreto contra o galego no ensino ou o apoio institucional e social ao uso e promoción do galego nos territorios de lingua galega situados fóra da autonomía.

Agardámoste o 14 de marzo na Quintana!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal