ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Alegacións ao proxecto eólico Baro

Do 15-12-2025 ao 18-12-2025

Alegacións ao proxecto eólico Baro

proxecto do parque eólico Baro, que afecta os concellos de Riotorto, Meira, A Pastoriza, Mondoñedo, Lourenzá, Pol e Castro de Rei, supón importantes impactos ambientais, patrimoniais e sobre a saúde das persoas.

ADEGA pon a disposición un documento de alegacións ao proxecto no que se alerta, entre outras cuestións, da saturación eólica da zona, da afección a espazos de alto valor ambiental e ao Camiño de Santiago, así como da falta dunha avaliación rigorosa dos impactos acumulativos e sinérxicos.

A organización ecoloxista fai un chamamento a alegar antes do xoves, 18 de decembro, día en que remata o prazo.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal