Do 20-11-2025 ao 10-12-2025
Roteiros polos espazos verdes de Compostela
A asociación ecoloxista ADEGA guiará unha serie de roteiros promovidos polo Concello de Santiago co obxectivo de dar a coñecer espazos de elevado interese ambiental da cidade. As datas son as seguintes:
- Río Sar · 20/11/2025 · 11:30 - 14:00
- Río Sarela (zona Galeras) · 20/11/2025 · 16:00- 18:00
- Carballeira de Conxo · 25/11/2025 · 16:00 - 18:00
- Parque Eugenio Granell · 26/11/2025 · 16.00-18:00
- Lagoa de Cornes · 27/11/2025 · 16:00 -18:00
- Lagoa do Auditorio · 01/12/2025 · 16:00 - 18:00
- Parque das Brañas do Sar · Nova data 04/12/2025 · 16:00 - 18:00
- Monte Viso · 4/12/2025 · 16.00-18:00
- Lagoa Parque do Lago · 10/12/2025 · 16.00-18:00
A través destas propostas, tamén se busca visitar as zonas próximas aos cinco proxectos de renaturalización que se están a executar e que procuran o reforzo do cinto verde de Santiago.
Estas actividades teñen un número limitado de prazas, e cómpre inscribirse nelas a través
deste formulario.
Estas actividades, desenvolvidas por ADEGA, realízanse no marco do proxecto “Entre Sar e Sarela”, que ten como obxectivo o fomento de actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de cidades correspondente ao ano 2022, que conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU”