Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de Eliminacion de Invasoras no Río...
12-11-2025
ADEGA organiza unha xornada de voluntariado no río Tambre, ao seu paso polo concello de Ames, no marco do proxecto Fluviatilis. Terá lugar o próximo mércores, 12 de novembro, de 10:30 a 14:00 horas.
Nesta ocasión, continuaremos coa eliminación de Tradescantia fluminensis e con labores de seguimento das xornadas anteriores, actuando sobre os posibles rebrotes.
O Fluviatilis remata neste ano 2025, polo que nesta actividade valorarase a efectividade das diversas accións levadas adiante, como o sombreado artificial colocado para loitar contra a tradescantia; a revexetación con flora autóctona; e a actuación sobre outras especies atopadas como a Acacia melanoxylon, ás que se lles aplicou aneis de descortizamento. Recolleranse datos para a realización dos informes e memorias finais.
10:30 h.- Recepción do voluntariado participante
10:45 h.- Actuacións realizadas no Tambre dentro do proxecto Fluviatilis
11:00 h.- Desprazamento ata a zona de traballo
11:30 h.- Revisión e eliminación de Tradescantia fluminensis
13:00 h.- Recollida e avaliación da actuación
14:00 h.- Remate da actividade
Para acudir, necesítase inscrición previa no seguinte FORMULARIO.
Anímate!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal