ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Mesa redonda ADEGA, unha historia de compromiso...

26-09-2025

Mesa redonda ADEGA, unha historia de compromiso coa terra | Santiago de Compostela

No marco da celebración do 50 aniversario de ADEGA en Santiago de Compostela, convidámoste a participar nesta mesa redonda que repasa a traxectoria do ecoloxismo galego e a súa evolución ao longo das últimas décadas. Terá lugar este venres, 26 de setembro, ás 19:30 h no Centro sociocultural do Ensanche. Estará precedida pola proxección do documental "A terra por gañar" (18:00h). 

Na mesa redonda intervirán:

  • Ramón Varela, expresidente de ADEGA – O medio ambiente nos 70 comparado coa actualidade
  • Manolo Soto, membro da directiva de ADEGA – O ecoloxismo nos 90: organización e relacións sociais
  • María R. Lafuente, membro da directiva de ADEGA – O papel da Educación e do Voluntariado Ambiental na defensa do territorio
  • Xesús Manuel Domínguez, concelleiro de Sustentabilidade Ambiental.
Modera: Aloia Insua, historiadora

Esta é unha actividade organizada por ADEGA en colaboración co Concello de Santiago. Está enmarcada nun ciclo de actividades que se desenvolverán en Compostela desde este venres 26 ata o próximo 7 de outubro, en conmemoración dos 50 anos de traxectoria da asociación. Podes consultar o programa ao completo aquí

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal