ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Exposición sobre especies exóticas...

Do 21-03-2024 ao 09-04-2024

Exposición sobre especies exóticas invasoras en Compostela

A exposición 'Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza' de ADEGA viaxa ata o CIFP San Paio do Monte de Santiago de Compostela, para mostrar ao alumnado a problemática que supoñen as Especies Exóticas Invasoras para os ecosistemas fluviais. A mostra estará dispoñible para visitar ata o próximo 9 de abril. Neste centro tamén se desenvolveu unha xornada teórico-práctica sobre esta mesma cuestión o pasado xoves, 21 de marzo.

As actividades de sensibilización e educación ambiental dirixidas a diferentes públicos, entre eles centros de ensino, son unha das propostas do Proxecto Fluviatilis no que participa ADEGA, que ten como obxectivo concienciar sobre as ameazas que sofren os ríos e fomentar actitudes responsables cos ecosistemas fluviais. Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal