13-03-2025
ADEGA organiza unha xornada teórico-práctica sobre as especies exóticas invasoras. Terá lugar este xoves, 13 de marzo, e estará dirixida ao alumnado do ciclo superior de Forestais do CIFP San Paio do Monte de Santiago de Compostela.
Trátase dunha actividade pechada que se desenvolverá en sesión de tarde e na que se fará unha introdución á problemática das especies exóticas invasoras, unha ruta polo río para a identificación destas plantas e unha posta en común final para avaliar a actuación. O obxectivo desta iniciativa é divulgar a problemática, presentar as diferentes especies e propor actuacións e iniciativas de xestión ambiental.
As actividades de educación, sensibilización e educación ambiental dirixidas a diferentes públicos, incluídos os centros educativos, son unha das propostas do proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal