ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Bioblitz no río Arnego

06-05-2024

Bioblitz no río Arnego

O próximo lus 6 de maio, ADEGA organizará no Río Arnego un maratón de biodiversidade ou "Bioblitz". Esta iniciativa consiste en realizar un censo exhaustivo das especies de flora e fauna nun tempo reducido.

Trátase dunha actividade de Ciencia Cidadá e descubrimento da biodiversidade local na que participará o estudantado do IES Marco de Camballón de Vila de Cruces canda ao persoal de ADEGA que estuda distintos grupos de flora e fauna. Este proxecto de investigación naturalista terá lugar o próximo 6 de maio de 10:00 a 14:00 horas.

Proxecto Fluviatilis

O Bioblitz que organiza ADEGA enmárcase no denominado Proxecto Fluviatilis, no que participan entidades de diferentes territorios que tamén convocaron maratóns simultáneas.

Esta iniciativa conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – Next Generation UE.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal