ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada "Preservación de mares e...

25-11-2022

Xornada "Preservación de mares e ríos. Limpezas ecolóxicas"

Coincidindo coa Semana Europea de prevención de Residuos, ADEGA celebrará o próximo 25 de novembro, na cidade da Coruña, a xornada “Preservación de mares e ríos. Limpezas ecolóxicas”, aberta ao público xeral. O encontro ten como obxectivo dar a coñecer con máis profundidade a problemática do lixo mariño e a importancia das limpezas ecolóxicas dos nosos areais.

O lugar do encontro será no local da "Asociación cultural Alexandre Bóveda" de 17:00 h. a 20:00 h.

A relación de poñentes será a seguinte:

- Atocha Ramos - Unha década recollendo lixo.
- Xandro García - Miña nai limpa a praia dende a casa.
- Fins Eirexas - A problemática do lixo mariño.
- Itzíar Díaz - Lixo mariño e participación social.


ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal