ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de restauración participativa no...

19-03-2014

Xornada de restauración participativa no Monte da Fraga

Aproveitando a celebración do día da árbore e o día da auga o mércores 19 de marzo organizamos unha actividade para continuar coa restauración do Monte da Fraga. Nesta actuación faremos varias tarefas: acondicionamento e plantación de flora acuática na charca e plantación de árbores.

A xornada terá unha duración de 12.00 h a 17.00h é preciso inscribirse (o número de prazas estará limitado a 25). O obxectivo é dar a coñecer o espazo e recuperar o monte facéndoo noso, que sexa un espazo de lecer e de estudo onde sexamos participes da súa recuperación  cada un/unha de vos pode aportar e seu graíño de área.No caso de non poder asistir a xornada completa indicade no correo a vosa dispoñibilidade. Se algún/ha de vos ten na casa algunha planta autóctona que queira plantar no Monte da Fraga  tamén o podedes indicar no correo.

Programa da xornada:
12.00h punto de encontro na entrada principal da Facultade de Ciencias. 
As labores a realizar serán:
-          - Abonado con compost da área de compostaxe de filoloxía-          - Plantación das árbores     - Traballos de reconstrución das marxes da charca. Procederase tamén a plantar especies de vexetación emerxente (xuncos e lirios) para favorecer a súa colonización. Disponse destas especies no humidal de depuración de augas residuais que hai no campus da UDC.

14.30h Xantar (lembrade traer a comida)15.30h Continuación das tarefas17.00h Fin da xornada

.Será preciso levar o xantar, ademais de calzado e roupa de traballo axeitada ao tempo. A organización achegará a ferramenta necesaria.

Lembrade que esta actividade conta para acadar os créditos do ciclo de voluntariado ambiental.
Inscricións no correo: oma3@udc.es

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal