CERNA Nº 72 - Recheos nas praias
Páx. 40-41
Cando chega a primavera, nalgúns dos humidais costeiros galegos é posible escoitar o breve e repetitivo canto dun paxariño que destaca, empoleirado nunha cana ou xunco, polo seu rechamante deseño negro e branco da cabeza e o peito. Trátase da escribenta das canaveiras iberoccidental, un dos tres pequenos paxaros (paseriformes) catalogados oficialmente como ameazados en Galicia, e o único considerado en perigo de extinción.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 34-37
Até o momento, constatouse en Galiza a presenza de 23 especies de morcegos, pertencentes a 10 xéneros e 3 familias diferentes. Segundo o Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas, 9 destas especies presentes no noso territorio son vulnerábeis. Esta catalogación fai necesaria a realización urxente dun Plan de conservación para estas especies. Porén, polo de agora, a Xunta de Galiza non iniciou a súa tramitación. Neste artigo descubrimos cales son os morcegos forestais que habitan no noso territorio que merecen ser protexidos.
CERNA Nº 67 - O lume: dono dun monte desleixado
Páx. 26-28
A aguia real é unha das especies mas ameazadas de Galiza. O número de parellas reprodutoras en territorio galego entre 2003 e 2008 foi estimado de entre 6 e 10, cun éxito reprodutor moi variábel dependendo do ano. A perda gradual de territorio nas últimas décadas en Galiza, como foi o caso das montañas orientais de Lugo ou suroccidentais da Baixa Limia, xerou un claro risco de extinción a curto e medio prazo. A especie figura no “Catálogo galego de especies ameazadas” baixo a categoría “EN PERIGO DE EXTINCIÓN”, o que implica a elaboración do seu correspondente Plan de Recuperación.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 41-43
O sapoconcho europeo inclúese no Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de ”En perigo de extinción”. Esta categoría está reservada para aquelas especies cuxa supervivencia é pouco probábel, se os factores causantes da actual situación seguen a actuar. A catalogación dunha especie en perigo de extinción implica a elaboración dun Plan de Recuperación, cuxo fin é garantir a súa conservación en estado silvestre no territorio da comunidade autónoma, e dos seus hábitats, establecendo medidas adecuadas que permitan preservar, manter e restablecer as súas poboacións naturais facéndoas viábeis. Nesta sección de CERNA abordaremos a situación de especies galegas catalogadas “En perigo de extinción” e que precisan de Plans de Recuperación para que non desaparezan do noso territorio.