Revista CERNA

Artigos de Historia natural e humana. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

A derradeira trincheira dos labregos

Emilio López

CERNA Nº 1 - -

Páx. 24-25

Emilio López achéganos á vida labrega como ésta sufriu unha transformación debido ao cambio da nosa sociedade, pasando dunha de autoconsumo a unha sociedade capitalista, e como a política agrícola vese afectada polas multinacionais que non teñen en conta a riqueza xenética da nosa terra.

A orixe das rías galegas

Xoán R. Vidal Romaní

CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis

Páx. 29-31

O xeólogo, Xoán Ramón Vidal Romaní, achéganos un pouco máis á nosa historia natural explicando de forma moi sinxela como se formaron as rías galegas; rías que, por certo, non son exclusivas en Galiza. O proceso xeolóxico no que se crearon as rías e que se iniciou hai 200 millóns de anos, hoxe en día presenta unha situación de fraxilidade ecolóxica. A isto tamén se refire o catedrático neste artigo.

Narracións e relatos para habitar o territorio

Pablo Llobera Serra

CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas

Páx. 32 - 33

As paisaxes que nos acompañan ao longo da nosa vida márcanos moi fondamente, e é que están cheas de recordos, de historia, de pasado.... Hai, polo tanto, unha estreita relación entre a paisaxe e o ser humano, e é nos relatos, na memoria onde esa relación. Neste relato Pablo Llobera axudaranos a percorrer a terra dun modo distinto.

O sangue de Galiza

Luis Díaz Cabanela

CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas

Páx. 24-26

Vivimos nunha terra fisterrá, atlántica, europea. A nosa historia foi poboando esta terriña con homes e mulleres de diferentes razas que chegaron en diferentes vagas, até forxar o que hoxe é o pobo galego. Mais, quen era esa xente? De onde viña? A resposta está na xenética de poboacións que está permitindo reconstruír as grandes migracións da humanidade. Neste artigo analizaremos as diferentes vagas de poboación que chegaron a Galiza. Trátase dunha interpretación baseada nos datos publicados sobre os haplogrupos da poboación galega e en datos históricos.

Os ursos da cova de Eirós

Aurora Grandal d’Anglade e X. R. Vidal Romaní

CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas

Páx. 27-28

O xacemento paleontolóxico de Eirós, actualmente dentro do perímetro dunha canteira en Triacastela, trátase da primeira urseira galega estudada dun xeito científico pola paleontóloga Aurora Grandal d’Anglade quen, na súa tese de doutoramento (1993), demostrou que o xacemento de urso das covas (Ursus spelaeus) máis occidental de Europa estaba situado en Galiza.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal