Revista CERNA

Artigos de Entrevistas. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Entrevista a Xesús Chenel Noya, empresario.

Entrevista de Belén Rodríguez

CERNA Nº 56 - .

Páx. 15

Do grupo NOYA Automóbiles, Xesús Chenel Noya preside desde hai máis dun ano a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre de Santiago de Compostela. Este Polígono abrangue máis de 400 empresas relacionadas sobre todo co sector do motor, da construción, do transporte ou do metal e a madeira. Conversamos con el para CERNA, con motivo da exposición ArtNatura nos locais da Asociación que preside.

Entrevista a Adela Figueroa Panisse

Entrevistada por Belén Rodríguez

CERNA Nº 58 - Crónica: O incerto futuro de ENCE en Galiza

Páx. 13

Nesta entrevista a presidenta de ADEGA fai balance do que supuxeron os catro anos do goberno bipartito coas influencias que tivo ADEGA no mesmo, e anuncia que actuarán activamente na nova lexislatura na que volve gobernar o PP, partido que nos seus anteriores 16 anos de goberno non demostrou ningunha sensibilidade ambiental.

Entrevista a Carlos Taibo

Entrevistado por Belén Rodríguez

CERNA Nº 58 - Crónica: O incerto futuro de ENCE en Galiza

Páx. 16 - 19

Nesta entrevista Carlos Toibo fai unha análise da actual situación de crise e o futuro que se nos aveciña se non poñemos fin o imperialismo. Se os países occidentais non decrecen, e dicir, perden parte dos privilexios que lograron pola explotación dos países pobres, é imposible solucionar os problemas ambientais. Tanto a UE e os USA non están facendo nada polo medio ambiente, se lles preocupase realmente deixarían de obsesionarse co crecemento baseado nas industrias das armas, enerxéticas e automobilísticas.

Entrevista a Lucía Iglesias da Cunha

Belén Rodríguez

CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades

Páx. 18 - 19

“A educación ambiental en Galiza segue estando de parálise”No ano 2000 comeza a andaina de SGEA (Sociedade Galega de Educación Ambiental) por medio dun grupo de persoas que teñen na Educación Ambiental o seu ámbito de traballo, entre elas Lucía Iglesias da Cunha, a súa actual presidenta. Esta asociación, que xa conta cun certo percorrido, ten como principal obxectivo potenciar a imaxe e a necesidade da Educación Ambiental entre a sociedade. Nesta extensa entrevista facemos un percorrido polos traballos que está a levar a cabo esta iniciativa, tales como o Proxecto Fénix, o panorama actual da Educación Ambiental en Galiza e o futuro da mesma.

Entrevista a Joaquín Araújo

Entrvistado por Belén Rodríguez

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Páx. 28 - 31

Joaquín Araújo é escritor, xornalista, guionista e director de cine, agricultor e divulgador dunha temática principal: a defensa da Natureza e a ecoloxía como única esperanza. Recibiu numerosos premios polo seu labor, entre os que destacan, o Premio Global500 da ONU no campo da ecoloxía, o Premio Nacional de Medio ambiente, Medalla de Extremadura ou Premio á mellor serie da historia da televisión por El Hombre y la Tierra, da que foi director. É autor de milleiros de artigos e varias ducias de libros como Todavía vivo, Los parques naturales, La muerte silenciosa, XXI: El siglo de la ecología, Cultivar la tierra, La Ecología contada con sencillez, etc. Foi director e guionista de máis de 200 documentais para televisión e varios programas de radio. Arestora segue a escribir, está a preparar catro novos libros, dá unha media de dúas conferencias semanais, elabora exposicións itinerantes, e é comentarista en Radio Nacional de España, Radio 5e Radio 3, e colaborador no diario El Mundo.

Entrevista a Virxinia Rodríguez

Belén Rodríguez

CERNA Nº 60 - Sentenzas Xudiciais: Caso Rinlo

Páx. 11

“Debemos fortalecer o ecoloxismo para poder afrontar as novas ameazas”.Virxinia Rodríguez, nova presidenta de ADEGA, cóntanos as súas preocupacións, inquedanzas e plans para esta nova etapa na organización, o papel que nela seguirá tendo a anterior presidenta, Adela Figueroa, a creación da Fundación Cerna Viva e sobre a defensa e ampliación e defensa dos espazos protexidos da Rede Natura. A defensa do medio ambiente ten que ser activa, implicando a sociedade en todos e cada un dos proxectos, e máis no momentos convulsos que se están a vivir hoxe en día.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal