Revista CERNA

Artigos de Mar e litoral. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Efectos do deitado de area sobre as praias

Xandro García e Anxo Mena

CERNA Nº 72 - Recheos nas praias

Páx. 9-11

As administracións públicas queren resolver os estragos producidos nos areais galegos polas borrascas do pasado inverno a golpe de recheo. Pero ignoran ou queren obviar os efectos negativos que estes deitados de area provocan nas nosas praias. Ao tempo, pasan por alto a relación que existe entre a presión urbanística do litoral e a intensidade dos danos provocados na costa polos temporais, conseguindo así desenfocar o problema de fondo.

Un pobo taxidermista. Reflexión sobre a situación ambiental de Galiza

Rosa Aneiros

CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios

Páx. 14 – 15

Pois, si, decidín aboiar. Levaba un tempo eu mergullada nas augas poderosas do Atlántico. Deixeime levar pola Corrente do Golfo e andei á deriva das mareas contemplando, horrorizada, a morte de ducias de baleas en Nova Zelanda, a desaparición de bancos pesqueiros na Terranova, o desxeo e consecuente morte de osos polares, a práctica desaparición do polbo e do ourizo nas rías, os sentinazos en alta mar e mais lembrando a ameaza do cemiterio nuclear na foxa atlántica. No fondo do mar, cada vez hai máis cascallos e menos vida, talvez por iso, non logro abandonar dende hai tempo a idea do ecocidio. Pero, xa saben, ao aboiar e deixar atrás a densidade maxestosa da auga salgada, a ollada da ribeira non resulta moito máis optimista.

A destrución que non cesa

Alfonso de Lanzós

CERNA Nº 53 - .

Páx. 12

Alfonso de Lanzós elabora unha metáfora coa famosa obra de Stevenson Dr. Jeckyl e Mr. Hyde para explicar a dobre personalidade do Ministerio de Medio. Neste símil a Demarcación de Costas convértese nun monstro terrible que destrúe todo o que atopa ao seu paso, deixando unha pegada de cemento en lugares tan emblemáticos da paisaxe galega como é a costa de Lugo.

Novo Plano Acuícola Galego: as razóns do “non” ecoloxista

Fins Eirexas

CERNA Nº 53 - .

Páx. 18 - 20

O pasado 4 de novembro grupos ecoloxistas, colectivos sociais, culturais e políticos reclamamos en Corrubedo a retirada do novo Plano Acuícola da Xunta por considerar que constitúe unha agresión contra os nosos recursos naturais en forma de expropiación salvaxe do litoral para beneficiar unicamente ás grandes empresas transnacionais do peixe. Este é o movemento de protesta cidadá máis importante dende Nunca Máis. Abrangue moi diversos colectivos e plataformas veciñais de toda a costa galega, apoiados e asesorados por ADEGA e outras organizacións ecoloxistas que ofrecemos soporte técnico e organizativo.

Atrancos e expectativas para a pesca de baixura e o marisqueo

Belén Rodríguez

CERNA Nº 53 - .

Páx. 21

O pasado 10 de outubro na Illa de A Toxa, no marco do X Foro de Recursos Mariños e Acuicultura, organizado pola Uiversidade de Santiago de Compostela. Neste Foro, o investigador Alberte de Coo, do Centro de Investigacións Mariñas de Vilaxoán, e Carlos Gabín, do Servizo de Produción Pesqueira da Consellaría de Pesca, fixeron un repaso dos últimos dez anos do marisqueo e da pesca de baixura en Galiza. Ambos os dous sectores seguiron traxectorias moi semellantes.

A acuicultura mariña en Galiza, exemplo do que non se debe facer

Martiño-Fiz López Lindoso

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Páx. 16

A acuicultura viuse como unha solución potencial a escaseza de alimentos no mundo, máis lonxe de combater este problema, as empresas so buscan o enriquecemento sen ter en conta os impactos ambientais que supoñen estas industrias no litoral. Ao mesmo tempo o goberno so viu intereses económicos, polo que sempre estivo a disposición destas empresas favorecendo os seus intereses rebaixando os requisitos da actividade acuícola. So a actual crise económica que fixo baixar os prezos e o recorte das axudas europeas puxo fin ao crecemento destes destrutores do litoral galego.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal