Páx. 23-24
No verán de 1886 arribaba aos peiraos de Ferrol e A Coruña o barco Hirondelle. Nel acudía o Príncipe de Mónaco, unha sobranceira figura da recén nada Bioloxía mariña. A visita tiña como razón fundamental estudar a causa da abondancia da sardiña na costa de Galiza, o que motivou interesantes e pouco coñecidas pescudas, ós que faremos referencia neste artigo.
Páx. 12-14
Faise a descripción de varias especies de salgueiros, ademáis dunha distinción entre o xénero Salix e Populus e incluindo un pequeno glosario botánico.
Páx. 8
A precaria situación fitosanitaria das árbores da Alameda de Santiago preocupa á Delegación de Santiago de ADEGA, que hai pouco se dirixiu ó Concello, e así o fixo público nos medios de comunicación, para solicitar a súa intervención para o tratamento das árbores danadas e a adopción de medidas preventivas.
Páx. 12-13
De madeira dura, flexible e resistente, o teixo foi usado dende hai milenios para diversos usos tanto militares coma domésticos. Debido a súa durabilidade, chegaron ata os nosos días estructuras feitas con dito material e aínda hoxe segue sendo unha madeira moi apreciada. Por tratarse dunha especie vulnerable, require o noso apoio para conservar os exemplares actuais e plantar novas árbores.
Páx. 20-21
Situación actual do coñecemento e nivel de protección da flora rara e ameazada da Galiza.